Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PRESENTACIÓN DO LIBRO E ESTREA TEATRAL

'Boas Noites', unha obra para ler, ver e escoitar

O libro de Paula Carballeira, gañador do I Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, preséntase xunto cun DVD interactivo. Ademais, Berrobambán estrea a obra de teatro

Redacción - 17:38 10/12/2007
Tags:

Boas Noites é un libro, é un dvd, é unha obra de teatro, e ademais ten banda sonora propia. O luns 10 de decembro, a partir das sete e media da tarde, a súa autora, Paula Carballeira, presentará a obra na libraría Couceiro de Compostela, acompañada de Cristina Domínguez, directora do Centro Dramático Galego, e Manuel Bragado, director de Xerais. Na presentación haberá música en directo do espectáculo que Berrobambán creou a partir do texto.

Precisamente tamén este luns se estrea a obra teatral, cunha representación no Teatro Principal de Santiago a partir das doce do mediodía que terá continuidade nos días seguintes, con pases o martes 11 (dez e media da mañá e seis e media da tarde) e o mércores 12 (de novo ás dez e media). A proposta de Berrobambán para a posta en escena inclúe música en directo con tres músicos que interpretarán temas orixinais compostos especialmente para esta montaxe, e un elenco de cinco actores e actrices, entre os que se encontran Manuel Vázquez, Chiqui Pereira, Lorena Conde, Paula Carballeira e Anabell Gago, gañadora de 2 premios María Casares. Todos baixo a dirección de Jorge Padín.

Boas noites é a historia de Xiana, unha meniña, e de Pedro Chosco, "que é quen nos trae o sono polas noites".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: