Co relatorio do poeta salmantino o Club Internacional de Prensa retoma a súa programación anual tralo remate de 'Pobre Mundo Rico'
O poeta Marcos Ana achegase o martes até a Compostela para dar a súa opinión sobre a vida que levaron os presos políticos nas cárceres durante a época franquista, de 1939 a 1961. A conferencia terá lugar na Fundación Caixa Galicia ás 20:00 e estará presentada polo escritor galego Xesús Alonso Montero.
Trala conferencia, o autor asinará libros no mesmo local, incluíndo a súa propia biografía na que conta a experiencia que sufriu na súa pel durante a estadía no cárcere, baixo o título Decidme cómo es un árbol.(Memoria de la cárcel y de la vida).
Con esta charla e trala celebración do Simposio Internacional Pobre Mundo Rico, o Club Internacional de Prensa (CIP) retoma a súa programación anual co ciclo Os encontros do Club e que mellor maneira de facelo que con esta grande figura humana, que durante os seus períodos de cadea “escribiu á liberdade”.