Velaí un dos retrousos que puido escoitarse xa nestas xuntanzas lúdico-musicais para nais, pais e cativos. A pé do Nadal, Mercedes Peón e Guadi Galego animarán novas convocatorias por todo o país.
O éxito dos encontros xa realizados anima a convocatoria de novas citas. Enmarcados no conxunto de iniciativas para a "Xeración E Logo!", deseñadas por Política Lingüística, as familias reciben exemplo de cantigas tradicionais, material lúdico en galego e asisten a unha pequena festa musical coa que, ademais de divertir, trátase de sensibilizar as familias sobre as "vantaxes" de que os fillos coñezan e falen o galego desde pequenos.
Mercedes Peón e Guadi Galego poñerán voz e música durante este mes de decembro. Os vindeiros Encontros dos Axóuxeres serán o día 15 no Carballiño e o xoves 20 de decembro en Salvaterra, tamén con Mercedes Peón. Para o 22 de decembro no Milladoiro, no Concello de Ames, e na Illa de Arousa o día 23, o encontro será con Guadi Galego e Mercedes Peón.