Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ameaza ao desenvolvemento sustentábel

O exemplo tanzano: ecoturismo ou planta química?

Forte oposición en Tanzania á intención de introducir unha megaplanta química a pé do Lago Natron, espazo de alto valor natural que é á vez impulsor do ecoturismo na zona.

Redacción - 10:00 09/12/2007

A estampa branca e rosada dos flamengos coas súas longas patas pousando nas augas, fixeron famoso este recanto privilexiado de África. Á beira dese reclamo veuse desenvolvendo unha crecentemente próspera actividade no ámbito do ecoturismo, ofrecendo novas oportunidades para o desenvolvemento sustentábel da zona.

Pero a beizón do goberno á construción dunha planta química no contorno deste lago ameaza as oportunidades creadas. Colectivos ambientalistas, como BirdLife International, e do ámbito empresarial turístico, como a Asociación Africana de Turismo, expresaron xa a súa preocupación por un proxecto que en primeiro término podería causar a extinción das tres cuartas partes da poboación mundial de flamengos e que frearía o potencial turístico desta área. En apenas cinco anos, Tanzania duplicou o número de turistas que recibe cada ano, e o propio Lago Natron aparece como un dos principais atractivos do país.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: