As boas noticias acumúlanse para o proxecto OLPC (One Laptop Per Child), que permite que os nenos do terceiro mundo teñan un ordenador
Perú acaba de pedir 260.000 ordenadores portateis. Carlos Slim, o magnate mexicano que é tamén o home máis rico do mundo, fixo un pedido de 50.000 unidades.
Endgaget indica por outra banda que o programa "dan un, reciben un" (oficialmente bautizado agora Give One, Get One ou GoGo) recibe 2 millóns de dólares de pedidos ao día.
Inicialmente lanzado para unha campaña de 14 días de duracion a mediados de novembro permite aos habitantes dos Estados Unidos comprar dous ordenadores por 400 dólares uns dos cales se dona a un neno do Terceiro mundo mentres que o outro se envia aos solicitantes. GoGo prolongouse ata o final do ano e abriuse ás escolas que poden obtelos en masa (a menor prezo).