Con saída e chegada na Praza de María Pita e percorrido por toda a cidade, A Coruña acolle este venres unha nova convocatoria da Masa Crítica. Trátase dunha bici-xuntanza cidadá, unha vez ao mes, co obxectivo de concienciar os veciños en favor do uso da bicicleta. Na web
Bicis.info pode atoparse información sobre os días de mobilización en diferentes cidades do país.
Defenden os convocantes que a bici é "instrumento fundamental para darlle un xiro radical ás políticas urbanísticas e convivenciais das nosas cidades e vilas, integrada co transporte público colectivo". Desta volta, a convocatoria chega co lema
Masa Especial "Amig@" : pon un/unha amig@ na túa vida... e tamén na masa!.