Os sons experimentais da banda norteamericana porán fin a un ano de concertos en Vigo e Compostela, situados sempre nas vangardas sonoras
Stars Of The Lid preséntanse en Vigo con oito integrantes, incluíndo un cuarteto de corda (violín, viola, cello) e unha montaxe especial con catro proxectores antigos de 16 mm. Adam Wiltzie e Brian Mcbride, núcleo da formación, ofrecerán, polo tanto, toda una performance audiovisual. Presentarán as cancións do que é xa o seu noveno álbum, And their refinement of the decline, después de entusiasmar á crítica hai cinco anos con The sounds of Stars of the Lid.
O concerto comezará ás oito e media da tarde no Marco. Pecharase así un ano de concertos enmarcados no Sinsal audio, que tiveron o museo de arte contemporánea de Vigo, pero que tamén visitou en tres ocasións o Salón Teatro compostelán. Polo Sinsal pasaron bandas e músicos de prestixio como The Sea & Cake, Tunng ou Hanne Hukkleberg.