A explosión produciuse nun edificio que alberga varios despachos de avogados, entre estes o fundado por Sarkozy, e a Fundación para a Memoria do Holocausto.
A Prefectura da Policía de París asegurou que a explosión rexistrada esta quinta feira nun edificio da capital francesa, que lle causou a morte a unha persoa e feridas graves a outra, foi un "atentado" cometido cun paquete bomba, segundo informa o diario francés Le Figaro.
Segundo este xornal, a explosión produciuse no cuarto piso dun edificio situado no bulevar Malesherbes que alberga varios gabinetes de avogados, entre eles o bufete Arnaud Claude e asociados, que fundou o presidente da República, Nicolás Sarkozy, xunto a Michel Leibovici e o citado Claude, en 1987. Tamén se atopa no edificio a sede da Fundación para a Memoria do Holocausto.
A vítima mortal é a secretaria do bufete, Catherine Gouet-Jenselme, e o ferido grave un dos avogados, Olivier Brane, que foi trasladado a un hospital. Outras catro persoas resultaron feridas de diversa consideración.