Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
16 CANCIÓNS GRAVADAS POR ALUMNOS DE PRIMARIA

Os rapaces cantan 'Operación Can'

A Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galicia presenta o martes 11 no Parlamento Operación Can, un cd e dvd con cancións compostas e gravadas por colexios

Redacción - 10:00 09/12/2007



Operación Can
é un traballo promovido pola UPAFGA (Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galicia), resultado dun concurso musical para rapaces matriculados en centros educativos galegos entre 1º e 4º de Primaria. Os rapaces tiñan que facer unha canción orixinal en galego que tratase sobre o medio ambiente, os animais ou as plantas.

En total participaron no concurso unhas 32 cancións e foron os propios alumnos dos colexios os encargados de elixir, mediante mensaxes electrónicas, a selección final. Ao redor de dez mil mensaxes electrónicas decidiron as 16 cancións seleccionadas, o que amosa a repercusión deste traballo entre os máis novos. Finalmente, as 6 cancións máis votadas foron premiadas coa gravación dun videoclip.

Operación Can foi gravado nos estudios Casa de Tolos de Gondomar baixo a produción de Segundo Grandío. No álbum interveñen músicos da talla de Isaac Palacín (Berrogüetto), Fernando Abreu (Mercedes Peón), Diego Pacheco ou Paulo Nogueira (Treixadura). O disco consta dun cd de audio con 16 cancións e un DVD con 6 videoclips, un como se fixo e un documental sobre o funcionamento das Protectoras de Animais de Galiza.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A portada seleccionada é obra de Verónica Rivas, dez anos, de Mondariz
A portada seleccionada é obra de Verónica Rivas, dez anos, de Mondariz