A actuación comezará ás nove e media da noite na Sala Nasa de Compostela. A entrada, 5 euros
As palabras espidas, o novo traballo de NAO, que ofrece 11 novos temas, foi gravado nos Estudos Garate, en Euskadi, baixo a produción de Kaki Arkarazo (Negu Gorriak, Nación Reixa, Lamatumbá...). No álbum, a banda mantense fiel ao rock, abranguendo sons e ritmos dende o Hardcore, o Heavy, o Metal, até o Punk.
Chama a atención, e debe ser salientado, que o concerto será retransmitido en directo por Radio Galega Música.