A Asociación Berciana da Lingua Xarmenta e o Concello de Cacabelos fixeron públicas as bases da primeira edición deste certame literario en lingua galega.
Até o vindeiro 20 de decembro todos aqueles interesados poderán enviar os seus traballos en lingua galega ou castelá á Asociación Xarmenta. Os relatos breves ou poemas presentados deberán ser orixinais e non estar editados por ningún procedemento impreso ou electrónico, e tampouco poderían ser premiados en calquera outro certame nin ser presentados ningún outro concurso antes de se facer público o ditame desta convocatoria.
Os gañadores das tres categorías, de 6 a 9 anos; de 10 a 13; e maiores de 14, faranse públicos o 16 de xaneiro de 2008 dentro da gala de entrega dos III Premios Xarmenta á promoción do galego.
As bases xa están dispoñíbeis aquí.