Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Garante a recolocación de todos os empregados

O ex presidente de San Luís podería adquirir os terreos da antiga fábrica de 'La Toja'

Lorenzo López, presidente da empresa de xestión Fuertepasadena, agarda chegar a un acordo coa alemá Henkel nun período "breve" de tempo.

Redacción - 19:50 03/12/2007

A empresa de xestión Fuertepasadena posúe un estudo "moi avanzado" para a posíbel adquisición dos terreos onde se localiza a fábrica de La Toja, en Culleredo (A Coruña), e agarda chegar a un acordo definitivo nun período "breve" de tempo coa actual propietaria, a alemá Henkel, informaron fontes da compañía.

"Non só se recolocarán todos os empregados, senón que se fomentará a creación de máis postos de traballo", afirmaron dende Fuertepasadena. Ademais, sinalaron que nestes terreos se desenvolverá "un dos máis ambiciosos e novidosos proxectos comerciais de Galiza".

Neste senso, confirmaron que a actividade estará relacionada "non só co comercio ao por maior senón tamén coa venta ao publico en xeral". Tamén, salientaron a "estabilidade" da que gozarán os novos postos de traballo, por ser do sector servizos, "máis difíciles de destruír ca os da industria, unha vez creados".

Postura dos traballadores

Ao respecto, o presidente do comité de empresa da antiga fábrica de La Toja, dixo descoñecer a información. No entanto sinalou que "o máis importante é que se venda dunha vez por todas e que se recoñezan os dereitos de todos os traballadores".

O conselleiro de Industria, Fernando Blanco, foi informado este luns da situación en que se atopan as negociacións, nunha xuntanza cos promotores do proxecto que lidera Fuertepasadena. Esta está presidida por Lorenzo López, coruñés cunha intensa actividade empresarial e comercial, coñecido, sobre todo, por fundar xunto co seu pai a compañía de electrodomésticos San Luís que presidiu até recentes datas, e da que dixo estar "orgulloso" de deixar con máis de 700 empregados en nómina.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: