Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SEGUNDO NÚMERO DO ANUARIO INDESINENTER

Un monográfico analiza a relación de Espriu con Galiza

A publicación do Centre de Documentació i Estudi sobre o intelectual catalán inclúe oito traballos de recoñecidos autores, como Alonso Montero, Rábade Paredes, Basilio Losada ou Helena Villar

Redacción - 09:00 04/12/2007
Tags: espriu

O segundo número de Indesinenter, o anuario de estudos editado polo Centre de Documentació i Estudi Salvador Espriu, inclúe un monográfico dedicado á relación do intelectual catalán coa cultura e os autores galegos. No monográfico inclúense os seguintes traballos: Espriu y la literatura gallega (Basilio Losada), Cartes de Salvador Espriu a Basilio Losada (Gabriella Gavagnin), Mi relación intelectual con Salvador Espriu (Xesús Alonso Montero), Salvador Espriu i Xosé Lois García (Víctor Martínez Gil), Traducions inèdites al gallec de 'La pell de brau' (Helena Villar e Xesús Rábade Paredes), Els llibres gallecs a la biblioteca de Salvador Espriu (Gabriella Gavagnin) e La cultura gallega al Fitxer d'aprenentatge (Olívia Gassol i Bellet).

A través destes estudos descóbrese a relación de Espriu con Celso Emilio Ferreiro, e a súa admiración por obras como Sete poemas galegos de García Lorca, Os dous de sempre de Castelao e Follas novas de Rosalía de Castro.

Estudos previos sobre Espriu e Galiza

Xa en 2004 publicárase Si de nou voleu passar, un compendio dos traballos presentados no I Simposi Internacional Salvador Espriu celebrado o ano anterior. Nesas actas recollíanse dous traballos específicos sobre as súas conexións coa cultura galega. María Felisa Rodríguez, da USC, ofrecía unha radiografía da recepción de Espriu entre o galeguismo e, xa que logo, diagrama un itinerario pola poesía socialrealista e a súa procura de modelos.

O outro artigo documentaba o papel destacado que tiveran algúns galegos en Barcelona como mediadores entre a figura e a obra de Espriu e a literatura galega, como Manuel Casado Nieto, Basilio Losada, Xesús González Gómez, Xosé Lois García ou Xosé Costa.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: