Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DIRIXIDO POR MARINA MAYORAL

A Biblioteca Virtual Cervantes presenta un espazo web dedicado a Rosalía

A sección, dispoñíbel unicamente en castelán, ofrece a posibilidade de ler en liña as obras completas da poeta.

Redacción - 10:24 04/12/2007

A Biblioteca Virtual Cervantes ofrece dende hoxe un novo espazo dedicado a Rosalía de Castro, dirixido por Marina Mayoral. A sección dedicada a Rosalía, que só se pode ler en castelán, inclúe unha breve biografía da autora, ademais doutros materiais, como fotografías e unha pequena fonoteca con catroce gravacións. Sen dúbida, o máis destacado deste novo espazo é que ofrece a posibilidade de consultar en rede as obras completas da poeta. Rosalía conta tamén cun espazo na Biblioteca Virtual Galega, xestionada pola Universidade da Coruña e a Deputación coruñesa.

Na presentación da nova páxina, Mayoral define a incorporación de Rosalía de Castro ao fondo da Cervantes coma "un paso moi importante para reparar a incomprensión sufrida pola escritora". Mayoral explica que a crítica do seu tempo condenou a Rosalía a unha "inxusta indiferencia" por non cumprir os cánons estabelecidos en relación coa literatura femenina.

De feito, o seu nome non apareceu nas antoloxías de escritoras editadas no XIX nin en Las cien mejores poesías de la lengua castellana seleccionadas por Menéndez y Pelayo. Mayoral tamén salienta que En las orillas del Sar, é, xunto coas Rimas de Bécquer, a mellor obra do Romanticismo español. A Biblioteca Virtual Cervantes tamén ten unha web dedicada á Emilia Pardo Bazán.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: