Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
É ILEGAL

Molestar os que molestan

Crean un aparello que intercepta o sinal do teléfono móbil

Redacción - 12:44 29/11/2007

Imaxinen no metro, no tren, no restaurante, en calquera destes lugares públicos onde nada é máis desagradable que sermos molestados por un inconscente que conta, a través do teléfono móbil a súa tristeira vida íntima, dá ordes ou estoupa a rir sen mesmo facernos compartir a causa.

Imaxínen pois que en tal momento, a conversa se pare de súpeto. O home, a muller observa o seu móbil que se volveu mudo preguntándose o que pasa e xurando en voz alta porque o aparello non vai. E figurense que o responsable desta interrupción sexamos nós mesmos ou outro calquera que está ao seu carón.

É posible. Abonda para iso con ter un 'perturbador' de chamadas, o que os americanos chaman o "cell phone jammer". É ilegal nos Estados Unidos (11.000 dólares de multa) pero neste país onde a cultura da vixianza, do rapaz que se fai xustiza el mesmo, afiánzase moito, e fannos vir sen escrúpulos do estranxeiro.

É o que revelou recentemente o New York Times indo a entrevistarse cos que os venden desde Londres ou Mumbai. O principio é simple: o jammer envía un sinal bastante potente para impedir aos móbeis adxacentes comunicar coas antenas que conectan as chamadas. Os pequenos cobren algúns metros (a 50 dólares), algunhas empresas compran fixos (de 1.000 a 4.000 dólares) que garanten a paz nun local, unha sala ou un edificio.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: