Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRECARIEDADE LABORAL

Inspección de Traballo anuncia a paralización de obras no porto exterior logo da morte dun obreiro

Un informe elaborado despois do accidente do martes revela que os operarios aguantan xornadas que superan as dez horas diarias.

Redacción - 18:39 28/11/2007

As condicións de traballo na canteira do porto exterior da Coruña supoñen un “risco grave e inminente” para os operarios. Por iso, a Inspección de Traballo anunciou este mesmo mércores que se van paralizar parte das obras do porto exterior herculino. A noticia chega poucas horas despois da morte de Xosé Ramón Fernández, un operario veciño de Oleiros, que traballaba para unha empresa subcontratada e de que os sindicatos paralizaran as obras en sinal de protesta.

Nun primeiro informe feito no lugar do sinistro, os inspectores detectaron “unha deficiente organización do procedemento de traballo, que dá lugar a manobras perigosas”. No documento remitido á Consellaría de Traballo queda reflectido que os operarios que traballan na canteira exterior teñen un horario de 7.30 a 19.30 horas (cun descanso de hora e media para o xantar), o que supón 52 horas e media á semana.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: