Bonovo é unha das iniciativas musicais máis interesantes e orixinais xurdidas nos últimos anos en Galiza, un trío capaz de mesturar unha zanfona e un acordeón con bases e un mac. Sorprende á primeira escoita.
Bonovo son Óscar Fernández (zanfona electroacústica), Roberto Grandal (acordeón midi) e "Pulpiño" Viascón (batería eléctrica, serra e voz).
O mércores 28 actúan no teatro de Cidade Universitaria de Vigo a partir das seis e media da tarde, dentro do programa cultural da
Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes.
Escoita algúns temas:
Danza FilipaFariñenta