Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O CONSUMISMO NORTEAMERICANO DÁ UNHA MOSTRA MÁIS DO SEU PODER

As compras de Nadal comezan en EEUU co “Cyber Monday”

O luns a seguir do Día de Acción de Grazas en Estados Unidos xa non é o que era. Das caras longas post empacho de pavo e festa coas que chegaban os empregados a traballar, pásase a un gran sorriso e gañas de gastar máis máis e máis cartos. É o "Cyber Monday".

Redacción - 17:41 26/11/2007
Os americanos súbense ó carro do consumo virtual

Os americanos súbense ó carro do consumo virtual

Esta nova tradición estadounidense constitúe o pistoletazo de saída para a gran avalancha consumista do Nadal. E é que o "Cyber Monday" (algo así como "luns cibernético") é o momento en que os americanos se lanzan a polas ofertas que dende as páxinas web lanzan as empresas.

A compra a través de Internet no luns seguinte á fin de semana de Acción de Grazas é o xeito que teñen estas empresas de animar ós cidadáns a comezar a comprar os agasallos e productos típicos das datas do Nadal.

E a pregunta sería, e por que o luns? Pois, porque os americanos, consumistas sí, pero aforradores tamén, aproveitan a súa volta ó traballo para, nun deses momentos libres que quedan na mañá, botarlle un vistazo á rede e, de paso, mercar algo.

Segundo as estimacións da consultora americana de Challenger, Gray & Christmas as compras do "Cyber Monday" van repercutir na productividade das empresas americanas, que, aproximadamente, perderán uns 488 millones de dólares. Pero esta cifra queda moi atrás do que se estima que poden gañar as empresas que ofertan os seus productos en Internet. E é que os americanos vanse gastar uns 700 millóns de dólares. Iso si que é unha acción de grazas.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: