Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
'A LIÑA DO GALEGO'

A Mesa abre unha liña telefónica sobre dereitos lingüísticos

A asociación que preside Carlos Callón poñerá tamén á disposición do público un enderezo de correo electrónico.

Redacción - 16:50 26/11/2007

A Mesa pola Normalización Lingüística abre unha liña telefónica e unha conta de correo electrónico para recibir queixas, consultas ou parabéns sobre os dereitos da lingua en empresas e institucións. A liña do galego constitúe un “proxecto estrela” da Mesa, segundo o seu presidente, Carlos Callón.

O responsábel da entidade explicou que aínda hoxe non está sentada “a idea de que en Galiza hai dereitos lingüísticos, tanto individuais como colectivos” e que “moitos galegofalantes consideran normal a exclusión da súa lingua”. O número 902 10 64 74, dispoñíbel de 8.00 a 22.00 horas os días laborábeis, e o correo linhadogalego@amesanl están abertos á recepción de mensaxes, das que a Mesa garante a súa confidencialidade, aínda que “non tramitará chamadas nin correos anónimos”.

A Mesa xa recibía unhas 600 queixas, que espera “superar amplamente” coa posta en marcha do novo servizo. Ao remate do ano redactará un informe para diagnosticar a situación da lingua e propoñer melloras para o seguinte exercicio.


4,76/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: