Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cambio climático

Propoñen o traslado dos osos polares do Ártico á Antártida

O quecemento global está a provocar a desaparición de amplas masas de xeo no Ártico, ante esta situación, son moitos os especialistas que avogan por reubicar estes animais no Polo Sur.

Redacción - 11:45 26/11/2007

Entre o 20% e 30% das especies animais están en perigo de extinción debido ao aumento das temperaturas globais na Terra. O incremento entre 1,5 e 2,5 graos provocará, segundo indica un estudio publicado pola revista Nature, que arredor do ano 2050 dous terzos dos animais e plantas teñan que mudar de hábitat para sobrevivir.

Ante esta situación, son moitos os ecoloxistas que se mostran partidarios de meter man na natureza e mover os animais do seu hábitat natural. Nesta situación se atopan os osos polares, que actualmente viven no Ártico.

O aumento das temperaturas está a provocar a desaparición de amplas masas de xeo, polo que nos últimos meses moitos dos osos apareceron flotando en grandes anacos de xeo. A opción dos biólogos: trasladar estes animais á Antártida, onde aínda queda xeo de abondo.

Malia isto, os estudos reflicten que sete de cada doce poboacións de osos estudadas se mantiñan estábeis, ou mesmo chegaban a crecer, polo que a solución dos biólogos non está plenamente xustificada. O debate queda aberto, trasladar os animais ou agardar que a natureza faga o propio, permitindo que os osos polares poidan adaptarse a vivir en terra prescindindo do xeo.


Ligazóns

3/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: