Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
KEVIN RUUD SERÁ O PRIMEIRO MINISTRO

Australia vira cara ao laborismo logo de once anos de gobernos conservadores

O Partido Laborista impúxose nos comicios parlamentarios e agárdanse cambios con respecto á guerra de Iraq e as políticas sobre o cambio climático.

Redacción - 13:05 24/11/2007

Kevin Ruud, do Partido Laborista, será o vindeiro primeiro ministro australiano. A formación socialdemócrata impúxose este sábado ao Partido Liberal (de tendencia conservadora) que encabeza o até agora primeiro ministro John Howard. A vitoria racha cunha era de gobernos conservadores que comezaron en 1996.

Ruud prometeu na campaña que activaría políticas contra o cambio climático e que ía mudar a postura do país na guerra de Iraq. Cabe lembrar que Australia mantén tropas en terras iraquíes. Os laboristas móstranse contrarios á participación no conflito, mentres os conservadores eran partidarios de seguir en Iraq.

De feito, o conflito en Iraq monopolizou a campaña electoral. Este verán, o goberno do conservador Howard tivo que admitir diante da opinión pública que Australia entrou na guerra de Iraq polas súas reservas petroleiras. O ministro de Defensa, Brendan Nelson, sinalara que "a seguridade do combustíbel é moi importante para todos os países e, por suposto, para protexer e asegurar os intereses de Australia".

Pode ampliar información en The Daily Telegraph e no Herald Sun.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: