Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ARTIGOS MÁIS LIDOS

A actualidade e as modas marcan as visitas á Wikipedia

Os libros, filmes, series de televisión e videoxogos máis populares acaparan os primeiros postos.

Redacción - 11:30 01/12/2007

Revisar a lista de artigos máis lidos da Wikipedia en inglés pódenos dar unha idea dos intereses da meirande parte dos internautas. Nesta páxina pódense consultar as cen entradas máis lidas durante novembro de 2007.

Unha primeira ollada déixanos ver que a páxina principal, loxicamente, é a máis vista, con 27 millóns e medio de visitas diarias seguida de termos endowikipédicos, como Wiki (2º posto), ou Wikipedia (7º). As iconas de moda da cultura popular acaparan tamén os primeiros postos. Máis de 300 mil persoas interésanse polos artigos sobre o último libro de Harry Potter, o manga xaponés Naruto e o videoxogo Guitar Hero III. Tamén están entre os dez primeiros a serie Heroes (noveno posto e 281.000 visitas diarias) e o filme Transformers (décimo, 277.000).

Con todo, hai que descender até o posto 14 para atopar a primeira persoa real da listaxe: a actriz e cantante estadounidense Vanessa Anne Hudgens, non tan coñecida por aquí. Inmediatamente despois está o recentemente finado tenor Luciano Pavarotti. En relación con este último está o artigo do top 10 que non forma parte das categorías anteriores: Mortes en 2007.

Outros termos protagonistas das buscas na Internet son os relacionados co sexo. Así, no posto 17, con máis de 200.000 lecturas diarias, está a Lista de posturas sexuais, inmediatamente por riba de Sexo. Masturbación (28º) está por diante de Relación sexual (33º), aínda que xa a bastante distancia do liderado.

O primeiro artigo que se pode considerar que se busca por interese exclusivamente didáctico atópase no 15: Protocolo de transferencia de hipertexto (HTTP), e Segunda Guerra Mundial, no 20.

A Conservapedia
Máis sorprendente aínda é a lista de artigos máis lidos da Conservapedia, o remedo conservador da wikipedia. O top 10 está composto na súa totalidade, agás o primeiro, que é a portada, por entradas sobre a homosexualidade. Porén, neste caso suponse que as visitas están xeradas por algún tipo ed ataque automatizado ao portal.


3/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: