Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CINCO ANOS DESPOIS

Un novo estudo analizará as secuelas do Prestige na saúde dos mariñeiros

O BNG coida que o goberno español debía ampliar a análise a todos os que colaboraron nas tarefas de limpeza e esablecer compensacións.

Redacción - 13:15 23/11/2007

O debate sobre as consecuencias que deixou a contaminación do Prestige na saúde das persoas segue a xerar debate. O goberno español vén de anunciar un segundo estudo logo de que o primeiro, realizado polas universidades da Coruña, Madrid e Barcelona para o Instituto de Saúde Carlos III constatara a existencia de afectacións na saúde e recomendara facer un seguimento da poboación afectada.

O executivo estatal anuncioulle por escrito ao BNG este segundo estudo. Porén, os nacionalistas demandaban que se ampliara o mesmo a voluntarios e traballadores expostos ao fuel. Porén, o segundo informe seguirá a centrarse exclusivamente nos mariñeiros.

O primeiro estudo afirmaba que “os resultados actuais amosan un incremento do risco de síntomas respiratorios, hiperactividade bronquial, estres oxidativo, inflamación pulmonar, remodelado branquial e vascular e dano cromosómico asociado á participación na limpeza do fuel 1 a 2 anos despois da mesma”. Porén, o goberno español asegura que as conclusións non poden ser, de momento, tomadas como unha evidencia científica.

No escrito de resposta á petición do Bloque, o Estado elude respostar a dúas cuestións de suma importancia, que teñen que ver coas medidas médicas a adoptar e coas compensacións para aqueles que teñan afectacións severas.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: