Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
As compañías españolas devoran o mercado latinoamericano

Telefónica continúa a amasar cartos en América Latina

Brasil, Venezuela e a Arxentina son os tres países de latinoamérica que máis cartos suman aos ingresos do grupo Telefónica, segundo os resultados difundidos pola operadora. Cóntanolo dende Bos Aires Débora Campos.

Débora Campos - 09:50 23/11/2007

Telefónica Latinoamérica sumou 14.676 millóns de euros de ingresos nos primeiros nove meses deste ano, o que significou un incremento de 10,8% respecto do mesmo período do 2006, segundo informou a empresa nun comunicado.

Brasil é o país que, en termos de contribución aos ingresos da corporación, realiza o maior aporte, e marcou unha participación de 38,%. En segundo lugar sitúase Venezuela co 11,7%, e no terceiro a Arxentina co 11,4%.

En Brasil, Telefónica ofrece non só servizos de telefonía fixa, móbil e banda larga, senón que este ano comezou a ofrecer televisión de pago aos seus clientes. Na Arxentina, a corporación presta servizos de telefonía móbil, fixa, internet e banda larga.

A banda larga vaille comendo terreo ao mercado da telefonía móbil


Ao remate de setembro, a empresa investira en activos fixos 1.885 millóns de euros, 15,7% máis que no mesmo período do ano pasado, especialmente pola necesidade de expandir a súa rede para dar conexión a internet de banda larga, televisión e a tecnoloxía GSM para móbiles.

A xeración libre de caixa marcou un alza de 7,6%, para atender a un total de 126,5 millóns de clientes na rexión (14,9% máis que en setembro do ano 2006). Os clientes de telefonía móbil alcanzan os 94,7 millóns na rexión cunha taxa anual de crecemento de 20,2%, mentres que os accesos de telefonía fixa mantéñense en 24 millóns.

Segundo informou a prensa arxentina, as conexións a internet de banda larga superan aos móbiles no ritmo de crecemento (34,4% anual) e marcaron 4,7 millóns de contas, o que comproba que o mercado de móbiles amósase saturado fronte ao alto potencial do negocio de banda larga. Respecto das conexións de televisión de pago, Telefónica Latinoamérica xa conta con 800.000 clientes con operacións en Perú, Chile e Colombia, e desde o terceiro trimestre en Brasil.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: