A idea xurdiu dun concurso convocado na páxina web da área de compras.
Un centro comercial da cidade barcelonesa de L'Hospitalet de Llobregat acaba de poñer en marcha un servizo para as mulleres que non saben que facer cos seus homes cando van de compras. O xa chamado 'Aparca 2' ofrécelles aos clientes de sexo masculino áreas de entretemento especialmente pensadas para eles.
A iniciativa do centro Gran Via 2 xurdiu dun concurso de ideas que convocou na súa web. Un cliente pensou que estaría ben crear unha gardaría de balde para os homes que se aburren mentres as mulleres fan a compra. A área de lecer dispón polo momento de sofás, televisores e prensa, aínda que se irán incorporando novos servizos.