Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÉMICA EN ITALIA

Mestra de día, estrela porno de noite

Anna Ciriani fai pública a súa dobre vida como profesora de italiano e a artista Madameweb.

Redacción - 12:24 22/11/2007

Unha mestra italiana recoñeceu que, ao saír do traballo, convértese nunha estrela porno da web. Anna Ciriani é profesora de lingua na vila de Pordenone, ao nordeste do país, e asegura que cumpre con profesionalidade co seu emprego diúrno, que leva roupa discreta e toma o traballo en serio. Porén, ao abandonar o colexio, convértese na estrela porno virtual Madameweb.

En todo caso, o feito de que os seus vídeos estean a circular por toda a rede están a poñer en risco a súa vida profesional. A súa dobre cara descubriuse xa hai uns anos. En 2002, algúns dos alumnos de Ciriani empapelaran os baños da escola con fotos da mestra, pero co paso dos anos e o aumento da súa popularidade na rede, o equilibrio foise rompendo.

O mes pasado estivo na feira pornográfica Venus-Berlín, onde Madameweb acadou un grande éxito, cun vídeo de cinco minutos onde aparecía espida nun autobús, no metro e camiñando pola rúa. Á súa volta, algúns colegas criticaron a súa actitude. Así, un tal Fabio dixo no seu blog que, malia que todo o mundo é libre de facer o que queira na súa vida privada, o feito de ser mestra aféctalles ás familias: “Cando a coñecín pareceume moi agradábel. Nunca imaxinaría que é unha persoa que ten sexo con cen homes ao tempo, sen condóns”.

Madameweb defendeu o seu traballo como ensinante e dixo que os mestres deben fornecer a preparación cultural dos seus alumnos, pero que non poden substituír os pais e nais como modelos para os seus fillos. Nese momento foi cando revelou na rede por primeira vez o seu verdadeiro nome, asegurando que o seu traballo privado só o desenvolve en páxinas prohibidas a menores.


3,83/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: