Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Concentración este xoves diante da Autoridade Portuaria

Colectivos veciñais, sindicatos e partidos unen voz para a dimisión do presidente do porto coruñés

Logo da recente nube contaminante sufrida pola cidade con orixe no porto, os veciños convocan unha acción de protesta e piden que Macario Fernández Alonso dimita.

Redacción/EP - 09:00 22/11/2007

A asociación de veciños de Oza-A Gaiteira-Os Castros é a organizadora da concentración deste xoves, ás 20h., diante da sede da Autoridade Portuaria da Coruña. Aló insistirán na solicitude de dimisión do seu presidente, Macario Fernández-Alonso pola súa actuación ante os problemas causados polo carbón en combustión aloxado na Medusa do porto coruñés. Os veciños tamén piden que haxa descargas "limpas", laiándose de que cada vez "a cousa vai a peor" en relación á contaminación causada pola actividade portuaria.

O PPdeG coruñés apoiará a concentración, e o seu voceiro, Carlos Negreira, aproveitou para queixarse de que o alcalde "non tivo nin media hora na súa axenda" para reunirse cos afectados e explicarlles "de forma clara e transparente" o que pasou. Criticou Negreira que nesta altura aínda non estea claro se "se trata dun problema puntual ou estrutural" e de cales foron as súas consecuencias.

O grupo municipal do BNG tamén apoia a acción dos veciños. Aló estarán ademais representantes de Esquerda Unida, dos sindicatos UXT, CIG e CCOO, do colectivo ecoloxista Adega e doutras asociacións.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: