Máis de sesenta colectivos veciñais e ecoloxistas veñen de unirse para pedirlle ao Goberno cambios nas políticas medioambientais.
O último plano acuícola, a Lei da Minaría ou a xestión urbanística son algúns dos puntos de fricción entre Xunta e colectivos. Dous anos despois do cambio de Goberno, comezan a erguerse voces moi críticas. Segundo a plataforma 'Galiza non se vende', é preciso que o executivo artelle mecanismos para que a cidadanía poida ter máis voz e rematar así coas políticas “continuistas” do PPdeG. E ti que opinas de todo isto?