O grupo inglés dá a opción aos fans de pagaren un prezo que consideran xusto, pola súa música
In rainbows
The Economist informa que a iniciativa do grupo Radiohead - posta en liña do seu último álbum In Rainbows que podemos descargar pagando o que queremos - ten todo a pinta de ser un fracaso.O 62% dos usuarios que descargaron o disco non pagaron nada, precisa a respectable publicación británica, e apenas o 4% pagou máis de 12 dólares. Sábese que o 38% restante pagou voluntariamente 6 dólares de media (8 dólares nos Estados Unidos) e que 1,2 millóns de persoas visitaron o sitio web durante o primeiro mes. Unha visión máis completa e máis equilibrada pódese consultar na web de Forbes (ou Wikipedia).
News.com, pola súa banda, cita un especialista para quen o grupo podería ter gañado 2,26 dólares por descarga mentres que lle tocaban seguramente un pouco máis de 3 dólares pola venda do álbum, pasando por EMI coa cal tiña un contrato). E iso non ten en conta as vendas que non terían lugar por outros viviros.
The Economist precisa que un álbum con dous cd´s se porá axiña en venda e non aborda o impacto deste método de distribución nas outras rendas do grupo. Sen aclarar se esta vía de distribución lle aporta beneficios económicos ao grupo, trata o método como unha apertura interesante ao modelo económico da música e o que os usuarios consideran un prezo xusto (fair pricing).