Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
O mal tempo axuda aos traballos de "arrefriamento"

Deixa de arder o carbón da "medusa" despois de case unha semana

Os veciños piden a dimisión do presidente da Autoridade Portuaria e convocan mobilizacións para os próximos días.

Redacción - 09:00 19/11/2007

Insistían esta fin de semana desde a Autoridade Portuaria en que a molesta e cheirenta nube de fume que perturbou os coruñeses, e malia os seus elevados niveis de monóxido de carbono e dióxido de xofre, estaba lonxe dos niveis de risco para a saúde humana.

Así, o mal tempo favoreceu por un lado que os fumes espallados desde a morea de carbón se afastase da cidade. E por outra parte, o mesmo descenso de temperaturas facilitou tamén os traballos para remover e refrixerar o carbón en combustión gardado dentro da cúpula popularmente coñecida como "medusa".

Pola súa parte, a Asociación de Veciños d'Os Castros criticou o silencio do presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Macario Fernández, e anunciou que a convocatoria de mobilizacións fronte á propia sede da institución incluirá a solicitude da dimisión do máximo responsábel do porto coruñés.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: