Segundo un reconto realizado pola axencia United News of Bangladesh en cada un dos distritos afectados. Os últimos datos oficiais falan de 242 vítimas mortais.
Polo menos 1.100 persoas poderían ter morto a causa do ciclón Sidr, que arrasou con todo ao seu paso polas costas de Bangladesh. A axencia de noticias United News of Bangladesh achega esta cifra logo de realizar un reconto en cada un dos distritos afectados.
No entanto, os últimos datos oficiais informaron de polo menos 242 vítimas mortais, mais as autoridades recoñeceron que a cifra podería ser moito maior debido ás dificultades para chegar ás zonas afectadas e ao feito de que numerosos residentes rehusaron evacuar a zona antes da chegada do Sidr.
O ciclón de categoría 4, con ventos de ata 240 quilómetros por hora, alcanzou o xoves a zona de Barisal-Khulna, destruíndo miles de vivendas precarias, e arrincado árbores e postes eléctricos e de comunicación.