Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Este sábado

Italia festexa o día nacional do gato negro

O obxectivo é desvincular a mala sorte deste animal. Ao redor de 60 mil felinos pretos son asasinados anualmente no país mediterráneo.

Fernando Arrizado - 09:45 17/11/2007
A superstición persegue os gatos dende hai séculos

A superstición persegue os gatos dende hai séculos

Aínda que sen moito arraigo en Galiza, noutros países europeos o gato negro asóciase á mala sorte. Mais é en Italia, lugar en que mesmo algúns homes persígnanse cunha man namentres coa outra cobren as súas partes para se protexeren do 'maligno' animal, onde esta superstición vai máis aló da anécdota.

Segundo algunhas estimacións, ao redor de 60.000 felinos de cor preta morren asasinados cada ano neste país. Co fin de que esta cifra diminúa, informa a axencia ANSA, a Asociación Italiana en Defensa dos Animais e o Ambiente (AIDAA) organiza este sábado nas principais cidades unha xornada para reclamar a dignidade do gato negro.

Entre os eventos inclúense exhibicións ao aire libre, xuntanzas e xantares aos que levar aos michos, e entregas de premios e galardóns para os seus mellores protectores.

"O noso primeiro obxectivo é reducir o número de animais asasinados ou abandonados" -afirmou Lorenzo Croce, representante de AIDAA- "mais tamén loitar contra a superstición e axudar a limpar a mala imaxe dos belidos gatos negros".


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: