A histórica data xa está posta e a Pista de billarda da Zapateira preparada para recibir en masa aos futuros palanadores da LNB. A Coruña estréase no billarda.
Xa vos tiñamos contado que este ano a Liga Nacional de Billarda ten dúas conferencias, a NorLeste e a NorOeste, que ademais, acabados os seus partidos propios, hanse enfrontar entre si.
Pois ben, este domingo os palanadores da Conferencia NorOeste estréanse e estrean tamén campo. O domingo ás 16:00 horas a Pista da billarda da Zapateira será pisada polo pés billardeiros dos palanadores do outro lado do Miño (de esquerda a dereita e viceversa).
"Únete á tribo NorOeste dos aborixes do Varal!!!"
Segundo contan dende a asociación O Varal, organizadora da LNB, este é un ano crucial na espectacular progresión da Billarda-LNB que comeza a invadir o país con paláns e billardas, "a tempada 2007/2008 será recordada coma a do cambio de estrutura competitiva, pasando dunha liga monolítica a un sistema de conferencias", "a histórica data xa está posta e a Pista de billarda da Zapateira preparada para recibir en masa aos futuros palanadores da LNB".
Ao final do seu discurso, O Varal e la Conferencia NorOeste convídate a ti a facer parte da competición, xa que non pechou aínda o período de presentación de fichas e está aberta á participación espontánea.