Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NON SAIRÁ Á VENDA ATA O 2009

Maleta-robots-can vixía!

A maleta robot que nos segue sen dicirlle nada e sen que teñamos que tirar dela, arrastrala ou empurrala

Redacción - 13:16 16/11/2007

Está anunciada en UberGizmo. O último modelo chámase Tony e vén de Rusia. Equipada con todo tipo de sensores que se poden imaxinar e dun xiroscopio que lle permite seguir ao dono - durante dúas horas - mediante unha tarxeta electrónica que se pode gardar no peto posterior do pantalón ou no bolso de man.Non sairá ao mercado ata o 2009 por un prezo de 2.000 dólares (1695 euros).

Outro tipo de maleta, é o modelo bautizado Fido - nome de can fiel, que foi concibido o ano pasado por Peter Yeadon.

A idea foi levada incluso un pouco máis lonxe por Samsung-Italia que, segundo BornRich.org que dotaría o invento da capacidade de ladrar para avisar ao seu amo en caso de roubo. Xa no 1991, o New Scientist anunciaba que Samsonite traballaba sobre un concepto da mesma clase cunha empresa australiana que anunciaba a súa saída para "moi pronto". Tanto tempo para facer unha maleta, mentres Roomba o robot aspirador está no mercado desde fai cinco anos por 150 dólares (127 euros).


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: