O Auditorio de Padrón acolle este sábado, a partir das oito e media da tarde, a estrea da web, nacida co obxectivo de ofrecer un espazo para que calquera persoa que escriba poesía en galego poida difundir a súa obra.
Poesiagalega.com leva case dous meses na rede, pero as presentacións públicas séguense facendo en espazos físicos. O acto consistirá nun recital de poesía a cargo dalgún dos poetas que xa colocaron os seus textos en Poesia Galega. A web, que xa foi obxecto de debate en Chuza!, ofrece até o de agora 61 textos de doce creadores. Ademais, presenta a posibilidade de enviar o que denomina "poesía visual", así como un foro de discusión.