Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
AGORA BUSCA UNHA ALIANZA CUNHA COMPAÑÍA DE MÓBEIS

“Erramos”: O dono de Warner Music

O propietario da maior empresa de música recoñece que pagaron caro as súas reticencias a ofrecer contidos aos usuarios a través de operadores de móbil

Redacción - 17:56 15/11/2007

Edgar Bronfman declarou aos operadores de telefonía móbil reunidos en Macao polo GSMA Móbil Asia Congress: "Estabamos cheos de ilusións" declarou. "Pensabamos que o noso contido era perfecto tal como era. Cremos que o noso negocio permanecería protexido mentres que o mundo da interactividade, as conexións constantes e a división en liña estoupaba. E, obviamente erramos. Oh, como nos equivocamos! Ao permanecer inmóbeis ou ao desprazármonos a un ritmo de glaciación, por descoido, declarándolles a guerra aos consumidores neles negándolles o que querían e podían atopar noutro lado. O resultado, por suposto, é que os consumidores gañaron." MacUser, que publica a noticia, explica que convidou aos operadores de telefonía móbil a non cometer o mesmo erro que os de Warner Music.

Tal acto de contricción pública permite prever solucións máis flexibles nun próximo futuro polo que se refire á música. Universal xa acaba de abrir a súa colección de música clásica e jazz en formato MP3.

Ao elixir a unha conferencia de operadores de telefonía para redimirse, Bronfman parece convidalos a imitar a alianza lanzada baixo a tutela de Google fai exactamente unha semana ou en calquera caso a non ignorala.

A triste verdade é que a maioría do que se ofrece aos consumidores hoxe sobre a plataforma móbil é aburrida, banal e básica. A xente quere unha forma de contido musical móbil interesante. Os que cren gañar cartos ofrecendo aos consumidores unha super experiencia e seguir sendo competitivos nadan en ilusións.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: