A organización Survival denuncia que hai quince tribos ameazadas en Perú polas empresas petroleiras.
Unha muller, á beira do río Las Piedras, Perú
Na selva amazónica, ao sudeste do Perú, preto da fronteira con Brasil, seguen a vivir tribos “non contactadas”. Hai poucas semanas, un avión do Instituto Nacional de Recursos Naturais do Perú conseguiu algunhas fotografías.
A organización Survival estima que hai uns quince pobos aillados no Perú que están ameazados polas explotacións petroleiras. Segundo Survival, estas tribos non teñen inmunidade a enfermidades foráneas e calquera contacto pode ser moi perigoso para elas.
O presidente do Perú, Alán García, escribiu un artigo no xornal El Mercurio no que defende a explotación empresarial do Amazonas e pon en dúbida a existencia destas tribos.