Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
EXPOSICIÓN ATÉ O 6 DE XANEIRO

Información contra información: María Ruido e Rubén Grilo no CGAC

Os dous creadores galegos residentes en Barcelona participan nesta mostra colectiva incluída no Proxecto-Edición.

Redacción - 17:30 14/11/2007

Información contra información recolle traballos e propostas nas que a información se converte no campo de batalla no que se pon en evidencia a falta de obxectividade e neutralidade.

Rubén Grilo, un dos máis activos artistas novos, reacciona ante o complexo mundo da cultura contemporánea e as súas derivacións no mundo dos media, respondendo coa insatisfacción fronte á simplicidade e a atonía das convencións comunicativas.

María Ruido, ben coñecida polos seus traballos anteriores de investigación artística na identidade, as mulleres e o traballo, propón unha instalación con cinco entrevistas nas que mostran relatos sobre a memoria que vulneran a corrección política. Este traballo forma parte dun proxecto máis amplo, Plan Rosebud, que se pode seguir na web do Proxecto-Edición.

Está a piques de presentarse unha caixa que contén todos os materiais publicados e producidos no marco do Proxecto-Edición no ano 2006, que inclúe, entre outros materiais, as diapositivas do Plan Rosebud de María Ruido e o cd Aínda dá das Garotas.

Exposición Información contra información

Até o 6 de xaneiro

CGAC

Rúa Valle-Inclán, s/n – Santiago de Compostela


Ligazóns

1/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: