Chámase Zune e vaise lanzar á venda en Estados Unidos coa novidade de que inclúe, de forma gratuíta, a posibilidade de personalizar a parte de atrás do aparato cun gravado en láser, a elixir entre os deseños de 18 artistas internacionais.
Zune vs. iPod
E é que o Zune non é novo de todo, senón que se trata dunha nova versión do reproductor de 30 xigabytes que xa se lanzara hai un ano e que conseguiu máis dun millón de vendas.
Pero esas cifras non se achegaban no máis mínimo ás de Apple, que co seu poderoso iPod acapara o 70 por centro do mercado. Así que Microsoft decidiu propoñer unha nova alternativa, un reproductor que, segundo José Espiñeira, director de Mercadotecnia Multicultural de Microsoft, "vai cambiar o xogo no sector".
Entre as novidades do Zune, destacan a conexión sen fíos que permite compartir cancións outros usuarios, o sistema de sincronización que actualiza de forma automática o dispositivo a través de internet e unha capacidade de 80 xigabytes.
A renovación non queda só no reproductor, senón que Microsoft expándea a unha comunidade en Internet, chamada "Zune social", na que os usuarios poderán intercambiar arquivos, engadir amigos, acceder a listas de cancións e ler a discografía dos artistas.
A nova liña de Zune non ten aínda unha data prevista para a súa chegada ó mercado español.