A entidade recibe este galardón pola defensa do uso da lingua no ensino e pola súa vixilancia do cumprimento da lexislación lingüística.
No día da Dignidade de Galiza, a Asociación Cultural Altofalante de Ribeira decidiu outorgar o seu premio anual á Plataforma polo Ensino Galego, polo seu recoñecíbel labor a prol do noso idioma. Concretamente, esta institución está a realizar unha importante tarefa de defensa do uso da lingua no ensino galego e a vixiar polo cumprimento da lexislación lingüística máis alá das diferenzas ideolóxicas. O premio outorgarase o día 1 de decembro en Ribeira.
Esta entidade está composta por unha serie de organizacións que se uniron co fin de dar un pulo ás campañas de defensa do dereito a unha escolarización en lingua galega. Dende todos os sectores do ensino, que abranguen asociacións de nais e pais, sindicatos do profesorado galego, federación de escolas católicas ou organizacións estudantís, entre outros estase a apoiar a súa galeguización.
A Plataforma polo Ensino Galego
Esta plataforma está composta polas seguintes organizacións:
- A Mesa pola Normalización Lingüística.
- AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega).
- CAE (Comités Abertos de Estudantes).
- CC.OO.-Ensino (Comisións Obreiras).
- CIG-Ensino (Confederación Intersindical Galega).
- CONFAPA (Confederación Galega de APAs de centros públicos).
- FERE-CECA (Federación Española de Relixiosos de Ensino – Centros Católicos).
- FETE-UXT (Federación de Traballadores do Ensino - Unión Xeral de Traballadores).
- FSIE (Federación de Sindicatos Independentes do Ensino).
- Mocidade pola Normalización Lingüística.
- Nais e Pais polo Ensino en Galego.
- NEG (Nova Escola Galega).
- Sindicato de Estudiantes.
- STEG (Sindicato de Traballadoras/es do Ensino de Galiza).