Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CUN ÍNDICE DE 65 MILLÓNS DE PÁXINAS WEB

A memoria da Rede está en Archive.org

Crean unha mediateca de consulta gratuíta con arquivos de audio e vídeo

Redacción - 18:01 13/11/2007

Á semellanza dos outros motores de busca, Google deixou de contabilizar o número de páxinas web. Archive.org, pola súa banda, arquivou perto de 86 mil millóns, correspondendo a 65 millóns de sitios Web, en 37 linguas. A súa base de datos pesa perto de 2 pétaoctets, o que representa 2 millóns de gigaoctets, o equivalente de duascentas veces o contido da Biblioteca do Congreso americano.Á fronte do proxecto estaba nas súa orixes Brewster Kahle, un especialista da intelixencia artificial do famoso Massachusetts Institute of Technology (MTI) que, no 1989, inventara WAIS, o antepasado dos sistemas de publicación e os motores de busca a través de Internet.

No 1992, Kahle publicaba un código de boa conduta para os outros bibliotecarios: a informática deixa rastros, non se trataba de supervisar aos usuarios, senón de darlles acceso ao coñecemento. Aínda era necesario averiguar como facelo: no 1996, constatando que a duración de vida media dunha páxina era de cen días, Brewster Kahle crea unha fundación para arquivar a Rede para as futuras xeracións.

A súa "máquina do tempo" permite así, non só revisitar os sitios Web tal como se presentaban hai un, cinco ou dez anos, senón tamén atopar o rastro deste contido, que xa desapareceu, cunha predilección para algúns acontecementos destacados, como os atentados terroristas do 11 de setembro de 2001, o furacán Katrina, que devastou Nova Orleans no 2005, ou tamén o maremoto de decembro de 2004, que son obxecto de "coleccións".

Máis alá da Rede, a riqueza de Archive.org mídese tamén ao ameneiro da diversidade do seu fondo de biblioteca multimedia, de arredor 45.000 concertos e de máis 100.000 películas, 200.000 rexistros de audio e 290.000 libros e textos... Xa que Archive.org tamén se encomendou a misión de poñer a disposición todo o contido textos, audio, vídeo dispoñibles en formato numérico. A diferenza das mediotecas tradicionais, todo ou case todo se pode descargar de maneira gratuíta. Fornecido por coleccionistas, fundacións, particulares, as estanterías de Archive.org non teñen nada que ver cos dunha medioteca tradicional.

No apartado de música, pódense atopar os 2.862 rexistros do Grateful Dead, o grupo psychédélique americano, ó igual que a compilación de mensaxes secretas interceptados por radio-afeccionados, ou tamén a de cancións desviadas para denunciar as falcatruadas do copyright e a propiedade intelectual.

Na sección de vídeo, a retransmisión de Final Fantasy II, gañada por un tal Kevin Juang en tres horas cincuenta e seis, ten o récord de visitas, con máis dun millón de descargas, igual que o apartado de letras, a compilación de crebacabezas matemáticos de Henry Ernest Dudeney.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: