Este é un dos puntos chave no debate do segundo Internet Governance Forum, que comeza esta segunda feira en Rio de Janeiro.
Xa o ano pasado se tiña debatido neste mesmo foro (celebrado, naquela altura, en Atenas), sobre o predominio do inglés na rede, en detrimento doutras moitas linguas. Por isto o tema central deste ano é a promoción das linguas minoritarias, sobre todo as que non empeñan o alfabeto latino.
Promoción dos contidos locais
A promoción dos contidos locais é outros dos temas que se abordará neste foro; mais tamén se vai debater sobre diversidade cultural, a fractura dixital, e a seguridade e a loita contra os delitos na rede. Tamén se falará de aspectos máis técnicos, como a infraestrutura da rede e a xestión dos enderezos IP, ou os estándares que se usan na rede.
Agárdase que participen unhas dúas mil persoas de cen países distintos, representando tanto á administración como á sociedade civil, ás empresas e ás comunidades dixitais.
Esta é a segunda reunión deste foro, e xa se prevén, polo menos, dúas xuntanzas máis, a celebrar na India en 2008 e en Exipto no 2009.