O artista desexa sinceramente que estas ideas sexan do seu interese. Coida que algunhas poderían cambialo todo.
“Un munt d'idees”, Rubén Grilo
A aposta pola arte nova deste outono da Sala d’Art Jove ten catro nomes: Amanda Cuesta, cun proxecto sobre espazo público e interacción social, Mariona Moncunill, cun convite a queimar os espazos da arte, Esther Ribot, que se mergulla no tarot, e Rubén Grilo (Lugo, 1981).
Grilo presenta Un munt d'idees, un proxecto que consiste en anotar todos os días unha chea de ideas nunha morea post-its para reflexionar sobre os procesos de creación e os mecanismos que artellan o pensamento artístico. Formado en Belas Artes na Universitat de Barcelona, conta xa cun intenso currículo, con exposicións na Sala 14 de Olot, e a súa participación como vídeo-artista no programa Metrópolis (TVE), no programa Processos Oberts de Terrassa e en La Panera de Lleida. Acadou o premio Miquel Casablancas cun proxecto baseado nun personaxe de Sarria que polo día limpa fiestras e pola noite se converte en director de cinema afeccionado.
Exposición “Tigres de paper”, de Verònica Aguilera, Rubén Grilo, Mariona Moncunill e Esther Ribot
Sala d'Art Jove
Calàbria, 147 | Barcelona
De luns a venres de 10:00 a 12:00
Até o 16 de novembro de 2007.