Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DEDICADAS A ÁLVAREZ BLÁZQUEZ E FERNÁNDEZ PAZ

Os escritores mergúllanse no ciberespazo cunhas xornadas virtuais

Durante o mes de novembro poderanse seguir dende a rede do Centro Multimedia de Galicia e mais na web da asociación.

Redacción - 18:45 08/11/2007

Este mércores inauguráronse as primeiras Xornadas Virtuais de Literatura, organizadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) para aproveitar as novas tecnoloxías na divulgación da literatura alén do papel e mesmo das letras.

Un texto teórico de Xavier P. Docampo sobre a narración oral e un traballo crítico de Ramón Nicolás sobre a obra de Agustín Fernández Paz difundíronse no primeiro día do programa grazas a tecnoloxías baseadas no software libre e ás infraestruturas do Centro Multimedia de Galicia dende a biblioteca pública González Garcés da Coruña.

Cada mércores deste mes ofreceranse, tanto en vivo como en diferido, as conferencias de Agustín Fernández Paz, Víctor Freixanes, Pepe Cáccamo, Mercedes Queixas, Óscar Sánchez e Pedro Silva, arredor de Xosé María Álvarez Blázquez, Agustín Fernandez Paz e a rede e os blogs. Poderanse seguir no novo espazo da web da AELG dedicado á aula de escritores.

A partir de decembro, o espazo ficará como plataforma de traballo, con foros, troco de traballos e contidos sobre os temas propostos, como un lugar de referencia. A primeira edición das Xornadas Virtuais está dedicada tanto ao autor do Día das Letras como a Agustín Fernández Paz, un escritor de prolífica actividade.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: