Este é o lema da federación galega de Taekwondo, que esta fin semana viu como catro dos seus deportistas conseguían medalla en distintos eventos internacionais. O nivel está asegurado para os Xogos Olímpicos.
Manuel Barros Couso, deportista do clube Mace Sport de Pontevedra, conseguiu a medalla de bronce no Campionato de Europa Júnior celebrado en Bakú (Acerbaixán), superando aos representantes de Moldavia, Bielorrusia e Rusia, e caendo só fronte ao representante francés, que é campión do Mundo da categoría.
O deportista, de 17 anos, tiña experiencia internacional, xa que participou no Campionato do Mundo Júnior en 2006 (Ho chi Min City) chegando até os oitavos de final na categoría de -55 Kg.
A categoría actual de peso de Manuel é de -63 Kg, adaptación que se fixo para respectar o desenvolvemento físico do deportista tras a valoración realizada polo departamento médico do CGTD.
Estefanía Fernández, a outra baza galega en -57 quilos
Estefanía Hernández, deportista coruñesa de 22 anos que compite con licenza do clube Natural Sport de Ribeira gañou esta semana a medalla de ouro no Open de México de Ídolos Mundiais. No evento participaban as seleccións de pesos olímpicos máis fortes do mundo e este ano tivo un nivel altísimo.
Estefanía, que compite na categoría de -57 Kg, tivo que superar ás representantes de Israel, Brasil, México e á Subcampioa Olímpica Iridia Salazar. Esta oportunidade de demostrar a súa valía, tras pasar dúas tempadas con graves problemas físicos, dálle a Fani a posibilidade de entrar no equipo olímpico español. Así, a súa categoría fica monopolizada por dúas representantes galegas: a propia Estefanía Hernández e Andrea Rica. As dúas terán que dalo todo en en xaneiro en Istambul para conseguir clasificarse para os XXOO.
Exhibición por parellas, con Samuel Meilán e Nerea Alamancos
Samuel Meilán Fernández e Nerea Alamancos (22 anos) son os outros dous taekwondistas que volveran con medalla dun campionato internacional, Os dous militan no clube Tao de Vigo e fan parte do equipo galego de exhibición.
Esta fin de semana conseguiron (participando coa selección española), o terceiro posto no Campionato do Mundo de Técnica celebrado na localidade de Incheon (Corea do Sur).