Así e todo, os datos acumulados do último ano en Galiza seguen sendo os mellores a nivel estatal.
No conxunto do Estado só Baleares, con 5.879 desempregados máis no último mes, ofrece uns datos peores ca Galiza, onde o balance das oficinas do servizo galego de colocación indica que hai 5.411 persoas máis nas listas do paro.
A cifra supón unha suba do desemprego de até o 3,84% respecto ao mes anterior. O total de parados queda en 146.371 persoas. Malia isto, mirando a evolución interanual, desde outubro do ano pasado, Galiza segue ofrecendo aínda bos datos: o desemprego baixou un 3,41% nos últimos doce meses, con 5.163 parados menos. O dato positivo é neste caso o mellor do conxunto estatal, nun período onde as estatísticas recollen en todo o Estado español até 55.741 desempregados máis, incremento do 2,8%.
Dos 146.371 parados en Galiza, 14.614 son menores de 25 anos de idade, dos que 7.963 son mulleres e 6.661 son homes. Sobre o total, os homes no paro sitúanse en 53.103 e as mulleres en 93.268.