Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
I Copa Cantábrica de billarda

A excitante loucura da billarda traspasa fronteiras

Após o cesamento fulgurante do seleccionador, a LNB escolleu igual as súas 17 mellores bazas, que xogarán contra a selección asturiana este domingo.

Redacción - 09:30 04/11/2007
A vella promoción da TV da Billarda, TELE-Varal

A vella promoción da TV da Billarda, TELE-Varal

Despois do inesperado cesamento do seleccionador galego de Billarda, creouse rapidamente a PxA (Plataforma de xestión da Auténtica) que ditou a sempre polémica lista de convocados e nomeou o único que podía facer fronte ao gran reto de pilotar a Galiza no seu primeiro compromiso oficial: Ismael O Zidane da Billarda.

Desta volta van 17 bravos e bravas palanadores e palanadoras galegas a xogar contra a selección asturiana. O partido será este domingo ao mediodía, na pista polideportiva de Piyarnu (Castrillón), onde se desenvolverá, segundo palabras d'O Varal, este, "de seguro, explosivo internacional de dous países, por desgraza, aínda sen Estado".

O Varal, nunha acción sen precedentes, tivo acceso ás vitrinas onde está gardada e custodiada a Copa Cantábrica de Lirio-Billarda pola que Asturies e Galiza van loitar "coma cans doentes este domingo", que é esta que vos amosamos na imaxe do lado.

A I Copa Cantábrica, a billarda internacional
Mais, ao ser un partido internacional, o sistema de xogo ha de variar un chisco. Desta volta cada selección vai presentar 10 titulares, é dicir, 10 contra 10, e cada seleccionador vai poder ir facendo os trocos que desexe durante o transcurso do partido. Galiza convocou 17 e Asturies 15 palanadores.

O Partido xogaranse a dous setos simultáneos, é dicir, dous grupos, A e B, onde se enfrontarán 5 contra 5. No caso de que cada selección gañe 1 seto, farase o chamado "seto da morte", onde cada selección escolle 5 palanadores para disputar un único seto que desfaga o empate.

Despois do partido, comida e momentos de mecer e descanso siesteiro nun restaurante da vila. E logo aínda queda un xogo, no que se loitará poloa "imprescindible Xamón Cantábrico", que servirá como desquite do internacional. Esta última competición estará aberta para todos os palanadores e afeccionados xa que, nun todos contra todos, cada carreira vencida é a que dá o pase á fase seguinte. E asi sucesivamente até chegar a meterlle o dente ao Xamón Cantábrico.

A seguir, expoñémosvos a listaxe de convocados pola selección galega de billarda:
Polos Bíteres van Carmiña e Bici.
Polos Billardeiros: Daniel e Difranco Mangiavacchi.
Polos Remourelle-Bulls: Suso e Ginés.
Polo Sporting: Fram, Ivan e Calvete.
Polos Tronos: Rafa.
Polo Cornería-Team: Ginés e Juán.
Pola Conf.NorOeste: David.
Pola EkipA: Edelmiro e Xermán.
Polas Fanecas Bravas: Ángeles e Asunción.


Ligazóns

4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: