Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
SEGUNDO A DEPUTADA E PRESIDENTA DA ASEMBLEA CILIA FLORES

Mañá será a lectura final do texto do proxecto de Reforma Constitucional

A presidenta da Asemblea Nacional anunciou que o venres 2 de novembro se dará lectura final ao texto do proxecto de Reforma Constitucional, "Creo que ao mediodía ( 18:00 horas hora galega) estaremos a entregar o proxecto ao Consello Nacional Eleitoral", afirmou.

reforma constitucional - 16:50 31/10/2007

A plenaria da Asemblea Nacional incorporou este martes 4 novas disposicións transitorias ao proxecto de Reforma Constitucional, desta forma elévase a 15 o número das normas temporais. Os lexisladores autorizaron a que o Executivo Nacional elabore os mecanismos para a activación da economía socialista mentres se crea a lei respectiva. Tamén quedou estabelecida a derrogatoria da Lei dos estados de Excepción. Ao ser consultada a presidenta da AN, Cilia Flores, sobre a eliminación do texto que rexe os estados de emerxencia no país, explicou que agora todo queda estabelecido no artigo 337."Xa non será através dunha lei, senón que o mecanismo sobre estados de excepción están xa establecidos no mesmo artigo 337", afirmou Cilia Flores.

Nas disposicións aprobadas, destacan a oitava que sinala a redacción da Lei Antimonopolio. A novena, di que o Executivo Nacional poderá utilizar recursos do Fondo Nacional dos Consellos Comunais para financiar os proxectos do Poder Popular.

A lectura final para o venres 2 de novembro

 Mañá venres 2 de novembro será a lectura final ao proxecto de Reforma Constitucional e será sancionado, despois de que xa foron aprobadas as disposicións transitorias, segundo a presidenta do Poder Lexislativo, deputada Cilia Flores.

 Explicou quedespois deste proceso, o Consello Nacional Electoral (CNE), tomará 1 mes para organizar o referendo aprobatorio do proxecto presentado polo presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez, o pasado mes de agosto.

Neste sentido, o día venres será entregado o proxecto final ao Poder Electoral, ldespois dunha sesión extraordinaria que está prevista para as 10 da mañá, na sede da Asemblea Nacional.Cilia Flores detallou que os deputados e deputadas darán lectura ao informe final, someterano a votación, para que finalmente sexa sancionado o proxecto de Reforma Constitucional.

"Creo que ao mediodía ( 18:00 horas hora galega) estariamos entregando o proxecto de Reforma, sancionado, ao CNE,", concluíu Flores.


0/5 (0 votos)