Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Crean unha web para apoiar a capaña

A rede tamén promociona a Novoneyra para o Día das Letras de 2010

Con motivo do oitavo aniversario do seu pasamento, un grupo de amigos e seguidores do poeta do Courel están a organizar unha campaña para recoñecer o seu labor a prol do galego.

Redacción - 13:30 31/10/2007

Uxío Novoneyra está considerado como un dos poetas máis relevantes da literatura galega, motivo suficiente para que un grupo de amigos e admiradores da súa obra leven a cabo unha campaña para que lle sexa dedicado o Día das Letras de 2010. Esta campaña xorde na data na que se conmemora o oitavo aniversario da morte do escritor e conta xa cunha páxina web na que se pode atopar información sobre autor, ademais da reprodución dalgúns dos seus textos.

A web www.uxionovoneyra.com está a converterse no eixo da reivindicación, onde se apela á cidadanía galega á recoñecer a obra e o pensamento do courelán como "algo fundamental para abrir un debate ao redor deste inmenso escritor galego que foi Uxío Novoneyra" . A páxina conta ademais cun apartado no que calquera visitante pode deixar constancia da súa opinión e adherirse a esta proposta presentada perante a Academia Galega.

Os contidos desta páxina web complétanse con datos sobre a súa biografía, obras, reprodución de poemas e incluso vídeos nos que podemos ver ao poeta galego en diversas actos sobre a vida pública e cultural galega.

E por que no 2010?
Segundo as condicións estabelecidas nas bases do Día das Letras, creadas no ano 1961, para que un escritor sexa elixido deben ter pasado cando menos dez anos dende a súa morte. Así, son aínda moitas as personalidades da cultura galega que teñen pendente esta homenaxe por parte da Academia e do pobo galego, como é o caso de Ricardo Carvalho Calero ou o poeta Lois Pereiro, falecido hai once anos.

Algo sobre Uxío
O poeta courelán está recoñecido, xunto con Manuel María, como o impulsor da lírica galega trala guerra de 1936, chegando a converterse nun símbolo de compromiso político e vital coa súa obra. Os versos do seu libro Os eidos, beben da tradición oral e comezan a abrir a cultura galega dos sesenta á vangarda. Novoneyra escribiu ademais outros traballos como Letanía de Galicia (1974), Libro do Courel (1981), ou Muller pra lonxe (1987), e máis recentemente, Tempo de elixía (1991) e Poemas da doada certeza (1992).


3,83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: