Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CHEGAR A VELLO

A esperanza media de vida dun galego é de 80,4 anos

Segundo as estatíticas do INE, a expectativa de vida en Galiza é de cinco anos máis ca en 1981.

Redacción - 13:35 29/10/2007

É o que din as frías estatísticas. O máis probábel, se nada se torce, é que vostede chegue aos 80 anos, se queremos ser aínda máis precisisos (coma o INE) teriamos que dicir 80,44. Ao abeiro destes datos, confírmase unha progresiva mellora en Galiza no último cuarto de século: 1981 (75,23 anos); 1991 (76,64) e 2001 (79,52).

Se nos comparamos con outros lugares do Estado temos que dicir que estamos lixeiramente por riba da media, que queda marcada en 80,23 anos. Os mellores datos son para a Navarra (81,51) e Madrid (81,39), os peores para Ceuta (78,62) e Andalucía (78,83).

Outro dos datos curiosos que presenta este luns o INE na súa páxina é un histórico do século XX. Segundo este estudo, en 1901 a esperanza media de vida no Estado Español era de 34,76 anos; en 1931 pasou a 49,97; en 1961 a 69,85; e en 1981 era de 75,62.

Poden consultar os datos polo miúdos na web do INE.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: